Anxo Núñez será o candidato do BNG á alcaldía de Outes

OUTES> Anxo Núñez será o candidato do BNG á alcaldía de Outes nas municipais do próximo ano. Presenta como aval o labor desenvolvido durante tres anos como concelleiro na corporación onde conseguiu sacar adiante numerosas iniciativas que xa son unha realidade como o arranxo da escola de Tarás e dos paseos municipais ou a creación da primeira vivenda pública do concello.

A asemblea local do BNG de Outes escolleu a Anxo Núñez como cabeza de lista para as eleccións municipais do próximo maio. O novo candidato asume o reto de acadar o goberno de Outes cun proxecto serio, amplo e ambicioso que, aposta, entre outras medidas pola creación de vivenda pública  e a creación de emprego non só no concello senón en toda a comarca.

Entre os obxectivos principais do BNG de cara á vindeira lexislatura destaca a elaboración dun plan de saneamento integral, a mellora na xestión do lixo, a humanización dos espazos públicos ou o reforzo dos servizos sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí