RIBEIRA> Un golpe de mar cando estaba recollendo as nasas é a causa máis probable do afundimento.
{flowplayer}barbanza/naufraxiocastinheiras.flv{/flowplayer}
Este é o momento no que a lancha de salvamento marítimo, con base no porto de Ribeira, trasladaba ó peirao de Castiñeiras, a embarcación ‘Juliana’ que momentos antes naufragara na zona coñecida como Redonda Nova, a escasos trescentos metros de terra. Por fortuna os dous tripulantes da lancha, o armador e un tripulante, pudieron ser rescatados con vida por outras embarcacións que faenaban polas inmediacións e que acudiron á zona alertados por Salvamento Marítimo.
Golpe de mar
Ó parecer, o naufraxio foi debido a un golpe de mar, cando os dous mariñeiros se atopaban recollendo as nasas da nécora despois dunha xornada de traballo.
Unha vez en terra e despois de pasado o susto, os dous mariñeiros foron trasladados en ambulancia ó Hospital da Barbanza, onde foron atendidos de hipotermia.
Redacción Barbanza