RIBEIRA> Comeza a escalada de prezos nas prazas de abastos a menos de dúas semanas para a Noiteboa. Este ano o aumento da cotización será aínda maior, debido á escaseza de marisco. Esta mañá visitamos o mercado de Ribeira, onde nos aconsellaron mercar antes de que suban máis os prezos e nos aclararon una dúbida que moitos temos: como se debe conxelar o marisco?
A estas alturas de decembro serán poucos os que aínda non se puxeron a pensar no menú desta Noiteboa, cando menos ós que lle toca cociñar. Para os que van como convidados e mesa posta…ese é outro cantar. Pero para os que teñen que tomar a decisión e aínda non o fixeron, saiban que nas prazas o marisco, escasea, e o seu prezo, ó contrario, sí que se deixa notar ben. E isto é algo que notan os clientes, sobre todo os seus petos…Xa comezou a contra atrás e o Nadal está á volta da esquina. Algúns xa comezaron a encher o conxelador para evitar os altos prezos dos días principais. Pero sabemos como conxelar o marisco para que conserve o seu sabor? Atentos a estes conselliños. Tomástedes nota? Aínda así, con consellos de expertos de por medio, hai quen opina que para ese día especial…como o fresco…non hai nada igual…