![]()
RIANXO > A polémica rotonda construida en Rianxo xa está a ser retirada das inmediacións do colexio Castealo. Cumprindo así co compromiso adquirido polo alcalde rianxeiro e o delegado de Educación, varios operarios retiraron a finais da semana pasada parte desta infraestructura, unha medida temporal ata que se adopte unha decisión definitiva sobre a ordenación do tráfico na zona.
Na tarde do xoves os operarios municipais traballaban nas inmediacións do colexio Castelao para retirar parte da rotonda, unha infraestructura que dende a súa construcción provocou queixas e descontento entre o colectivo de pais dos alumnos do centro que temían pola seguridade dos rapaces.
Con esta actuación materialízase o compromiso adquirido polo alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, e o delegado de Educación, Pedro Armas, no transcurso dunha reunión cos pais.
Aínda que esta é unha medida temporal ata que se adopte unha decisión definitiva sobre a ordenación do tráfico na zona. Tal e como indicou o rexedor rianxeiro dende a Deputación da Coruña xa están a traballar no deseño de varias alternativas, que serán expostas ós pais dos rapaces durante a reunión que van manter co presidente da Deputación Coruñesa, Salvador Fernández Moreda.
Ó parecer son tres as alternativas que se van a propoñer, unha consistente en manter o proxecto inicial que se comezou a executar coa construcción da rotonda e que foi paralizado polas protestas dos pais, otra que propón reducir o tamaño da rotonda e unha terceira na que a estructura viaria desaparecería.
O alcalde de Rianxo non quixo posicionarse sobre cal é a máis idónea aínda que comentou que a decisión final se tomará atendendo ós informes sobre seguridade que están a realizar os técnicos. O martes coñecerase a resposta dos pais a estas alternativas e cal delas se poñerá en marcha para conseguir reordenar o tráfico na zona sen prexudicar ós máis pequenos.
Redacción Barbanza










