O PP de Pobra esixe paralizar as obras do polémico velorio

    POBRA> O Partido Popular da Pobra esixe ó goberno local que paralice a licenza e as obras de construción do velorio da rúa Venecia. Afirman que o proxecto incumple as determinacións do PXOM tal e como vén de concluir o informe realizado polo arquitecto municipal que redactou o plan de ordenación municipal actual. 

     

    O malestar dos veciños da rúa Venecia co concello pobrensa, a raíz do polémico proxecto de construción do velorio nesta rúa, remóntase a mediados deste ano. Foi precisamente a plataforma vecinal, ante o comezo das obras, os que encargaron o Informe ó arquitecto que elaborou o PXOM do municipio no ano 2007, e que todavía está en vigor. As conclusións do colegiado José González-Cebrián Tello, apuntan a que o proxecto incumple as determinacións do Plan de Ordenación actual. Os populares consideran que o goberno local debe paralizar de inmediato, tanto as obras como a licenza á empresa que as realiza, así como depurar responsabilidades, tanto económicas como políticas.O voceiro popular considera que ademáis de ter en conta este informe, que debería ser definitorio para a paralización do proxecto, o goberno pobrense tería que salvagardar a vontade dos seus veciños, que levan seis meses batallando para evitar a ubicación do tanatorio na súa rúa.