Concello e Vitaminas presentan a campaña ‘Móllate polo Galego’

    mollatepologalego.jpgRIANXO> A proposta pretende achegar ós mozos ó uso do noso idioma en tódalas esferas da vida.

    {flowplayer}barbanza/mollatepologalego.flv{/flowplayer}

    Un home sen raíz non medra. Con estas palabras comezou Toñito de Poi no concello de Rianxo a presentación da campaña de sensibilización Móllate polo Galego. Toñito, compoñente de Heredeiros da Crus, é un emblema do emprego da nosa lingua, que non abandoa en ningunha das súas facetas, destacou a importancia do seu uso.

    Importantes premios

    Destinada principalmente a mozos da comarca, consiste nun reparto de camisetas o 22 de septembro na praia de Tanxil, co eslogan de Móllate polo Galego que servirán para realizar fotografias que permitirán presentarse a un concurso. O primeiro premio, unha noite nunha casa rural, o segundo unha tablet e o terceiro ainda é unha sorpresa. Móllate polo galego é tan só unha das propostas da plataforma vitaminas para o galego para que sigamos apoiando a nosa fala.

    Orgullo

    O alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños, apoia o pistoletazo de saida do colectivo Vitaminas e está orgulloso de participar e traballar en prol do noso idioma e das propostas que tirán para adiante da nosa lingua.

    Redacción Barbanza