Vivenda construirá 25 pisos de protección oficial en Escarabote

    vivendassociais_100_110906.jpgBOIRO > A parroquia de Escarabote foi o lugar escollido polo executivo boirés para construir 25 novas vivendas de protección oficial. O proxecto, que conta co apoio da Consellería de Vivenda, estará destinado á xente nova do concello menor de 35 anos, aínda que tamén se habilitará algunha das vivendas para persoas maiores de 65 que actualmente vivan en edificios calificados pola Administración como infravivendas.

    Hoxe en día, o acceso a unha vivenda digna non é algo que estea ó alcance de todos. É por isto que a Consellería de Vivenda e Solo está a levar a cabo unha serie de proxectos para a construcción de edificios de protección oficial en diversos concellos de Galicia, entre eles o de Boiro. Aínda que o municipio xa conta con máis edificios deste tipo, a peculiaridade que presenta o proxecto é que se trata de vivendas de promoción pública, é dicir, nas que a entidade promotora é a Administración Autonómica, e non un ente privado. Deste xeito, os prezos das vivendas serán máis reducidos do establecido no mercado inmobiliario habitual. Os beneficiarios directos do proxecto serán mozos menores de 35 anos aínd que tamén se prevé adxudicar algunha vivenda a maiores de 65 anos que vivan en situacións precarias. O sistema de acceso ás vivendas será o aluguer, aínda que non se descarta a posibilidade de mercala despois dun tempo.vivendasociais_200_110906.jpg

    En total serán 2. 700 metros cadrados de superficie edificable que albergará entre 25 e 26 vivendas de 45 metros cadrados cada unha. A parcela na que se situará esta nova construcción está na parroquia de Escarabote, un solar que o executivo boirés conseguíu tras chegar a un acordo cunha promotora do concello. O convenio, que consitíu nun intercambio de terreos, non supuxo ningunha contraprestación para o concello.

    O concello reservarase tamén 100 metros cadrados do edificio para uso municipal, coma dar cabida ás actividades que levan a cabo as asocacións de Escarabote ou incluso, de cara ó futuro, instalar unha consulta médica. Nestes momentos o concello está a tramitar tódolos documentos solicitados pola Consellería de Vivenda. Se conseguen presentalos antes de fin de mes o proxecto podería incluírse nos orzamento do 2007 e comezar a realizarse canto antes.

    Redacción Barbanza