![]()
RIBADUMIA > A conselleira de Educación, Laura Piñón, inaugurou en Ribadumia o edificio de educación infantil do Centro Público Integrado de Ribadumia. Dende este ano os máis pequenos do concello comparten infraestructuras cos cursos máis avanzados no Julia Becerra Malvar. Un centro englobado dentro das actuacións de mellora educativa que leva a cabo o departamento autonómico.
Durante a visita a Conselleira estivo acompañado por membros da política local e diversos representatantes da súa consellería como o Delegado de Educación en Pontevedra, Cristóbal Fernández.
Visitou algunhas das 23 aulas coas que conta o centro e mailas tres novas unidades destinadas ós máis pequenos e aproveitou para salientar a implicación do concello en materia de educación. Un total de 45 alumnos de infantil son os que se benefician do novo edificio que supuxo un investimento de preto de 250 mil euros e son en total 413 rapaces os que desfrutan ademais dun comedor escolar acondicionado pola Xunta e para o que o organismo autonómico destinou 50 mil euros.
Durante a visita, Sánchez Piñón puxo como exemplo o centro educativo de Ribadumia como unha das actuacións que está a levar a cabo o departamento autonómico que dirixe en materia de mellora na educación.
Redacción Salnés









