VILAGARCIA> Zona Aberta de Vilagarcía adianta a súa campaña de nadal. A asociación de comerciantes sorteará mil cincocentos euros, en dous vales compra, entre os clientes que selen unha tarxeta en catro establecementos da vila antes do día 22. O obxectivo é adiantar as compras do nadal.
O Nadal anticípase en Vilagarcía para os clientes do comercio de proximidade. A asociación Zona Aberta lanza unha nova promoción para fomentar as compras adiantadas de nadal. Os interesados deberán selar unhas tarxetas en catro establecementos da vila para optar aos premios de mil cincocentos euros.
Estas tarxetas poderán obterse mañá no inicio da campaña na Praza de Galicia ou nos propios comercios.
Con esta campaña tamén se quere primar aos clientes que realizan as súas compras de nadal adiantas.
Unha vez cuberta a tarxeta pode entregarse en calquera dos establecementos asociacións. Dende Zona Aberta agardan unha boa acollida dos clientes, especialmente nun momento tan delicado para o comercio de proximidade. Ademais, a asociación tamén recuperará durante este nadal as súas actividades nas rúas.