Alerta vermella en Galicia pola chegada do furacán Gordon

    GALICIA > Chegou o mal tempo. Nas últimas horas do mércores xa se comezaron a apreciar os primeiros efectos do temporal Gordon. Os restos do furacán Gordon e unha borrasca ó oeste de Irlanda provocaron os primeiros ventos que chegarían ó longo da noite ós 120 kilómetros por hora. Como medida preventiva, a Xunta decidiu suspender as clases o xoves en toda a comunidade autónoma.

    gordon_300_200906.jpgXa pola tarde do mércores se comezaron a ver os primeiros síntomas do temporal cun paulatino incremento da forza do vento. O Instituto Nacional de Meteoroloxía anunciaba para a tarde se activaría o nivel laranxa ó producirse un cambio repentino e brusco durante o día en contraste coa mañá apracible coa que aamencía o día.

    Segundo o Instituto Nacional a partir da medianoite a situación empeoraría puidéndose incluso superar os 130 kilómetros por hora acompañados de chuvias moi intensas. Algúns concellos activaron ademais un dispositivo especial. É o caso de Pontevedra. Dende outros concellos, como O Grove, quíxose tranquilizar á cidadanía e evitar alarmismos facendo público que non se prevén que os efectos do temporal sexan superiores ós de calquera outro temporal dos que estamos acostumados a ver en Galicia. Aínda así mantéñense alerta os servizos de emerxencia.

    Pola súa banda, a Xunta de Galicia quixo ser precavida e como medida preventiva decidiu suspender as clases no ámbito educativo, excepto na formación universitaria, o xoves en toda Galicia. Trátase dunha medida adoptada a través da Consellería de Educación tomada despois de que o Instituto Nacional de Meteoroloxía confirmase que se mantén o nivel vermello previsto. Neste sentido, recomendouse extremar as precaucións coas medidas preventivas obvias.

    Redacción Salnés