![]()
CAMBADOS> Cambados conta desde onte cun novo alcalde. No pleno celebrado onte a noite, o ata o de agora rexedor cambadés, José Manuel…
{flowplayer}images/salnes/PLENO_CAMBADOS010509.flv{/flowplayer}
… Cores Tourís presentou a súa renuncia, como paso previo para asumir o novo cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. A providencia quixo que esta renuncia se producise o mesmo día e hora, once anos despois, que cando el mesmo tomara posición como alcalde de mans de Santiago Tirado nunhas condicións similares.
Na súa última intervención como alcalde, Cores Torís quixo poñerse a disposición do resto dos concelleiros no que vai a ser o seu novo papel no goberno autonómico. Ó mesmo tempo, quixo agradecer ós veciños de Cambados o seu apoio e colaboración ó longo dos últimos 11 anos. Uns veciños que recibirán unha carta nos vindeiros días unha carta con explicacións do propio novo delegado.
Nuns momentos de fonda emoción, Cores Tourís intercambiou o seu posto no pleno co que xa é o novo alcalde da corporación cambadesa, Luís Aragunde; logo de que a número 2, Anabel Carro, acompañe o seu alcalde no seu novo equipo na delegación Territorial. Aragunde tivo unhas sentidas verbas de recoñecemento para o xa ex-alcalde.
Os voceiros da oposición fixeron tamén unha valoración desta renuncia de José Manuel Cores da alcaldía cambadesa. O portavoz nacionalista Domingo Tabuyo aproveitou a ocasión para desexarlle unha exitosa andaina ó ex-rexedor, namentres que o voceiro nacionalista, Victor Caamaño foi algo máis crítico.
Estas baixas da corporación obrigarán a incorporarse ó goberno local nos próximos días ós seguintes candidatos na lista do PP cambadés: Mar Cacabelos e Antonio Iglesias.
Redaccións Salnés







