Os pacientes de Allut volven manifestarse para esixir a súa volta a Ribeira

    manifaallut_100_200906.jpgRIBEIRA > Decenas de persoas volvéronse concentrar diante da casa do concello en Ribeira para protestar pola substitución do seu médico de cabeceira, Germán Allut. Os pacientes non entenden a decisión da Consellería de Sanidade de outorga-la praza a outro facultativo que, segundo eles, non está preparado para desempeña-lo cargo posto que non se implica cos problemas dos enfermos. Mentres tanto, teñen pensado proseguir con novas protestas e outras medidas de presión ata que as súas reivindicacións sexan escoitadas.

    O doutor Germán Allut levaba varios anos pasando consulta no centro de saúde de Ribeira, ocupando unha praza de sustituto ata que o pasado un de agosto foi trasladado ó ambulatorio de Aguiño. O cambio debeuse a que o titular da praza, Pastor Alonso, que se atopaba en periodo de excedencia perdeu a mesma. A vacante foi ocupada entón por unha nova doutora pendente da adxudicación de praza. A decisión da Consellería de Sanidade non tivo boa acollida entre os pacientes de Allut que reclaman a volta de Allut pola súa profesionalidade e trato persoal cos enfermos.manifaallut_200_200906.jpg

    Por outra banda, a doutora que cubriu a praza de Allut non empezou con bo pe a súa andaina no centro de saúde ribeirés. Os pacientes non dubidan da súa capacidade profesional aínda que consideran que o seu trato non é o máis axeitado para os enfermos. Sen embargo, a nova doutora accedeu ó posto a través dunha oposición, cumprindo tódolos requisitos da normativa vixente polo que a decisión da Xunta de Galicia é firme.

    Polo momento, os pacientes non se darán por vencido é tentarán esgotar tódalas vías posibles para conseguir a volta do seu médico ó que califican de ‘gran profesional e, sobre todo, gran persoa’.

    Redacción Barbanza