PORTO DO SON> A actuación, sufragada con cargo ás propias arcas municipais, ascendeu a uns 40 mil euros.
Acompañamos o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, e a tenente de alcalde, María Maneiro, á visita que realizaron esta mañá ó castro de Baroña, unha vez concluídas as obras de mantemento e restauración levadas a cabo no último mes no xacemento e que supuxeron un investimento duns 40 mil euros, sufragados con cargo ás propias arcas municipais. A actuación consistiu basicamente na realización de labores de mantemento no antigo poboado castrexo.
O alcalde incidiu na importancia da actuación co fin de conservar un dos enclaves turísticos máis importantes do municipio, polo de atracción de numerosos visitantes.
Segundo el, o Concello traballa xa nunha actuación de maior envergadura, para o que agarda poder contar coa colaboración da consellería de Cultura.