O concello pobrés inviste 85 mil euros en melloras no Alto de Cabío

    POBRA >  Xa están en marcha os traballos de mellora do saneamento, abastecemento de auga e pavimentación do tramo comprendido entre o alto de Cabío e o campo de fútbol da Alta na Pobra do Caramiñal. O alcalde, Isaac Maceiras, e o concelleiro de Obras, Xosé Manuel Castro, supervisaron a marcha das obras que están a ser executadas pola empresa OYS Noroeste cun presuposto que supera os 85 mil euros.

    obrascabo_300_200906.jpgDende hai uns días operarios da empresa OYS Noroeste están a levar a cabo as obras de mellora do sanemento e o abastecemento de auga na zona do Alto de Cabío da que poderán beneficiarse uns 200 veciños de núcleos como Areos, Garita, Lombiña e Laxe.

    Os traballos teñen como obxectivo fundamental soluciona-la problemática actual existente nesta zona e garantir, coa creación, renovación e mellora destas infraestruturas, un servizo axeitado e de futuro para as necesidades de tódolos seus veciños, tanto no referente ó saneamento coma ó abastecemento de auga.

    O alcalde Isaac Maceiras aludiu tamén á importancia do proxecto co que se pretende acada-lo saneamento integral do municipio. que levará ademais aparellado unha mellora da pavimentación xa que se trata dunha estrada moi transitada ó ser unha das saídas preferentes das praias de Lombiña-Cabío.

    Ademais o rexedor pobrés informou de que en vindeiros meses os servizos técnicos municipais van a prepara-los proxectos para incluir no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o ano que vén, co que pretende investirse máis de 200 mil euros en obras de saneamento e asfaltado de pistas no rural do municipio.

    Redacción Barbanza