O PPdeG esixe a licitación do proxecto da nova UAD de Ribeira

    uad_100_160408.jpgRIBEIRA > Manuel Ruíz denunciou o retraso na construción dunha nova unidade de atención á drogodependencia que xa debería estar en servizo.

    {flowplayer}barbanza/uad.flv{/flowplayer}

    Na visita realizada este mércores ás instalacións da Unidade de Atención ás Drogodepencias de Ribeira, o voceiro parlamentario do Partido Popular denunciou o a demora con que se está a executar o proxecto para a construción dunha nova unidade de saúde mental e drogodependecias.

    Incumprimento de prazos

    Segundo Manuel Ruíz, o goberno da Xunta adquirira o compromiso de construir un novo centro nunha parcela situada nas inmediacións do hospital do Barbanza que debería estar en funcionamento dende principios de ano. Sen embargo, os socios do bipartito incumprion a súa promesa e as obras nin sequera foron licitadas.

    De aí que os profesionais e os pacientes teñan que seguir utilizando as vellas instalacións, situadas no paseo de Coroso, que se atopan nun avanzado estado de deterioro.

    O retraso nas obras do novo centro supón ademais un custo adicional para as arcas municipais posto que o concello investiu o pasado ano unha partida de 25 mil euros para o arranxo das deficiencias e este ano terá que facerse cargo de novas reparacións.

    Dobre certificación de calidade

    O PPdeG considera que un servizo de tan alta calidade como está a prestar a UAD de Ribeira debería contar cunhas instalacións dignas e axeitadas ás súas necesidades. Así o avalan as dúas certificacións de calidade que recibiu o centro converténdo no único en Europa en contar cun dobre distintivo en recoñecemento ó seu bo labor.

    Redacción Barbanza