Os alumnos da escola de Hostalería participan nunha xornada de demostración

    O GROVE > A Escola Obradoiro de Hostalería do Salnés esta celebrando unhas xornadas demostrativas desenvolvidas por profesionais da restauración.

    Doce alumnos desenvolven dende hai uns meses  o curso de cociña da Escola Obradoiro de Hostalería do Salnés. Despois de seis meses de aspectos teóricos e seis de practica, os rapaces xa teñen coñecementos para participar nunhas xornadas demostrativas con cociñeiros profesionais. Hoxe Javier Olleros, subcampion galego de cociñeiros 2006,   elaborou coa colaboración de todos os alumnos unha revisión das tapas tradicionais da nosa terra.   O curso comezou no mes de xuño do pasado ano, ten unha duración de 18 meses e forma no arte da cociña. Hoxe puidemos comprobar o alto nivel dos alumnos que combinaron a perfección, baixo a tutela de Olleros, texturas, cores e sabores. Unha das alumnas danos a receita dunha tapa moi coñecida na nosa terra : chipiróns na súa tinta.

    Redacción Salnés