Sanxenxo recupera o ‘Degusta Tapas’ con 21 establecementos e 31degustacións

SANXENXO> O concello de Sanxenxo volverá celebrar este ano unha nova edición do degusta tapas. O evento gastronómico contará este verán con 21 establecementos que ofertarán 31 tapas. Os clientes que proben ao menos 5 delas entrarán nun sorteo de numerosos agasallos.

Os concellos comezan pouco a pouco a celebrar os evento que tiveron que cancelar ou aprazar por motivo da pandemia. É o caso do degusta tapas de Sanxenxo. Un concurso gastronómico que regresa este ano aos bares do municipio.

Cada un dos 21 establecementos poden ofrecer unha ou dúas tapas, e participarán no concurso segundo a modalidade dos pratos que elaboren, que pode ser tradicionais ou creativos. En total a oferta gastronómica desta edición estará composta por 31 tapas.

A volta do degusta tapas de Sanxenxo ten como obxectivo impulsar ao sector hostaleiro da vila. Dende o goberno local agardan que sexa unha iniciativa que impulse ao sector de cara o verán.

Os clientes poderán degustar as tapas que desexen. Cantos máis pratos proben poderán optarán a máis premios. Unha vez obtidos os selos mínimos deberán entregar os boletos nas caixas que estarán dispoñibles en todos os locais participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí