A gardería e o centro de saúde de Rianxo poderían abri-las portas a finais de ano

    garderarianxo_100_270906.jpgRIANXO > As instalacións da gardería e o novo centro de saúde de Rianxo abrirán ó público a finais deste ano ou a comezos do que vén.

    Así o anunciou o alcalde da vila, Pedro Piñeiro, quen avanzou tamén a posible transformación do actual edificio do Sergas nun centro de día para desfrute dos maiores.O vindeiro mércores representantes da Vicepresidencia de Igualdade e Asuntos Sociais achegaranse ata Rianxo para comprobar in situ a marcha das obras da nova gardería pública da vila. Polo de agora os traballos de construcción seguen a bo ritmo, e aínda que non se coñece a data fixa na que inaugurarán as instalacións, o alcalde rianxeiro Pedro Piñeiro avanzou que será probablemente a finais deste ano ou principios do que vén.centrosauderianxo_200_270906.jpg

     Para esas mesmas datas está prevista tamén a apertura do novo centro de saúde e o peche do actual edificio do Sergas, que será reformado para ofrecer novos servizos ás persoas maiores de Rianxo. Nestes intres as obras de construcción do edificio que albergará o novo centro médico están practicamente rematadas, polo que en breve se procederá ó equipamento interno das instalacións para que o centro poida comezar a funcionar o antes posible.

    Redacción Barbanza