Un vigués sáltase as restricións de mobilidade, rouba alcol en Cambados e é interceptado en Vilanova

VILANOVA> A policía local de Vilanova detecta nos seus controis unha infracción por incumprir as restricións de mobilidade. O home é residente de Vigo e ademais viña de roubar catro botellas de alcohol no eroski de Cambados. Tanto a policía local de Vilanova como a Garda civil de Cambados procederon a abrir as dilixencias pertinentes por incumprimento das restricións e polo roubo cometido.

A policía local de Vilanova detectou tan só unha infracción nos controis de mobilidade realizados ao longo desta mañá. O home proviña de Vigo e non tiña motivo xustificado para desprazarse ao concello vilanovés. No momento no que os policías procedía á súa identificación foron informados de que o infractor acababa de cometer un roubo no Eroski de Cambados. Segundo informaron os axentes municipais de Vilanova, o suposto ladrón subtraeu ilegalmente catro botellas de alcohol no supermercado de Cambados. A policía local requisou as catro botellas e procedeu a efectuar a denuncia administrativa por saltarse as restricións. Ademais a garda civil de Cambados tamén lle abriu dilixencias polo roubo cometido no municipio.

O restos de controis da policía local de Vilanova remataron sen ningún incidente. Todas as persoas paradas que proviñan doutros municipios o facían coa xustificación pertinente. Os axentes municipais da vila intensificaron os controis nas últimas datas para detectar as infraccións de mobilidade e evitar a propagación do virus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí