Fecais, residuos e abonos verten ao Umia

    RIBADUMIA> O regato de Os Pasales que recolle as augas dende Oubiña ata o Umia nun tramo de casi dous quilómetros, converteuse nestes días nun auténtico vertedoiro de augas fecais, residuos industriais e abonos químicos das fincas veciñas.

    Na tarde de onte o caudal de este regato atopábase opaco, debido a que nel desembocan vertidos industriais, augas fecais e abonos químicos de algunhas fincas, convertendo este regato nunha cloaca que ademais desprende un desagradable olor. 

    Hoxe a situación era similar, e en cuestión de minutos as cámaras de Canal Rías Baixas foron testemuñas do enturbiamento da auga, e a presenza de escache e aceite na superficie. 

    O Regato de “Os Pasales” recolle as augas dende Oubiña ata o Umia nun tramo de casi dous quilómetros.  Un problema que implica a máis de dous concellos, segundo o concelleiro de Medio Ambiente do concello de Ribadumia. 

    Lede solicitou a intermediación da Mancomunidade para a solución de esta situación.

    Desde Ribadumia pídese que se convoque os concellos afectados para poder poñer solución a un problema que afecta a moita xente.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/vertidos_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/vertidos_ribadumia.mp4{/flowplayer}