Vilagarcía ofertará para o vindeiro ano estudos universitarios

    VILAGARCÍA > Para o próximo ano, dende Vilagarcía poderase estudiar unha carreira universitaria a distancia. Será posible grazas ó inicio da actividade da UNED na comarca de Arousa.

    Unha infraestructura específica para os alumnos, que xa non se terán que desprazar a Pontevedra. O porto de Vilagarcía cederá as instalacións definitivas, que poderían entrar en funcionamento dentro de 2 anos.

    Vilagarcía contará cunha ampla oferta universitaria, que irá dende a posibilidade de elixir entre un total de 29 carreiras, o curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou cursos de verán, de formación e de postgrao. O centro asociado de Pontevedra leva 30 anos funcionando e dende o curso académico próximo contará cunha nova aula.

    As infraestructuras específicas poderían estar rematadas para o curso 2008-2009, unha vez acondicionado o edificio sede da comisión administrativa do porto, para o que xa existe un estudio de rehabilitación que prevé un orzamento de 732.000 euros; mentres tanto, utilizarase o edificio da escola taller.

    As instalacións definitivas contarán coas mais modernas tecnoloxías, para que os alumnos a través das súas matrículas, escollan as carreiras de maior demanda para as que se contratarán ós titores necesarios.

    Redacción Salnés