Reclaman ampliación de persoal nos xulgados de Vilagarcía

    xulgados_concentracion100.jpgVILAGARCÍA> Os delegados da xunta de persoal da administración de xustiza da provincia de Pontevedra concentráronse esta mañá …

    {flowplayer}images/salnes/funcionarios_xulgados_villa.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os delegados da xunta de persoal da administración de xustiza da provincia de Pontevedra concentráronse esta mañá diante do Xulgado de Vilagarcía.

    Protestan contra a suspensión da creación dunha cuarta sala para esta cidade. Un cuarto xulgado que xa tiña luz verde da comisión mixta formada pola Dirección Xeral de Xustiza e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero o plan de austeridade do Goberno central botou por terra esta vella aspiración.

    Culpan ó Ministerio de Xustiza por non crear ningún órgano xudicial novo este ano, pero tamén á Xunta, a quen lle reclaman que faga efectivo o presuposto que xa ten concedido para o persoal do cuarto xulgado e que o reparta nas tres salas actuais. Os delegados de persoal insisten en que a necesidade do cuarto xulgado segue existindo e lembran que o de Vilagarcía é o xulgado mixto con máis carga de traballo da provincia.

    Na xunta de persoal extraordinaria que celebraron esta mañá tamén acordaron solicitar información sobre o proxecto dun novo edificio xudicial para Vilagarcía.

    Os traballadores xudiciais retoman así as mobilizacións para forzar á administración a buscar solucións para Vilagarcía. O vindeiro día 14 volverán a concentrarse diante dos xulgados, e namentres tratarán de negociar coa Dirección Xeral de Xustiza.

    Redacción Salnés