O cociñeiro Paco Caneda ponse á fronte dos fogóns da Festa dos Callos de Meis

MEIS>  O cociñeiro Paco Caneda ponse á fronte dos fogóns da Festa dos Callos de Meis. A señora Carmen, que levaba máis de vinte anos encargándose desta encomenda, ten que deixalo este ano por cuestións de saúde. Esa responsabilidade asúmea agora Caneda, moi popular no Salnés por ser un dos mestres do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade. O cociñeiro avanza que manterase ao 100% o sabor dos tradicionais callos de San Bieito. Pero tamén traerá unha novidade: este ano farán tamén unha versión apta para persoas celíacas.

A trixésimo cuarta edición da Festa dos Callos de Meis manterá toda a súa esencia, pero chega con novidades. Carmen, cociñeira que se encargou de preparar este prato nas últimas dúas décadas, ten que deixalo este ano por cuestións de saúde. Os fogóns pasan a mans do cociñeiro profesional Paco Caneda.

Caneda é moi coñecido no Salnés por ser un dos profesores do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade.

O cociñeiro promete respectar todo o sabor e esencia da receita dos callos de Meis. Pero a súa chegada trae tamén unha novidade á festa: haberá versión deste prato apta para persoas celíacas.

A Festa dos Callos celebrarase o domingo 12 de xullo. A receita contará con 600 quilos de garavanzos co obxectivo de despachar unhas 5.000 racións.