O Hospital do Salnés celebra a Semana Mundial da Lactancia Materna

    lactanciamaterna_100_051006.jpgVILAGARCÍA > Os actos en favor da lactación materna celebrados polo Hospital do Salnés pretenden consolidar…

    …ó centro como ‘Hospital Amigo dos Nenos’. Persoal sanitario e moitos pais acudiron ós actos de hoxe.

    A primeira actividade que tivo lugar no Hospital do Salnés dentro da Semana Mundial da Lactación Materna foi unha charla dun traballador do centro, Ángel López, sobre a súa experiencia como voluntario en Nicaragua onde precisamente tamén colaborou fomentando a lactancia materna.

    Moitas nais, e tamén pais, seguiron atentamente as charlas e videos que se emitiron no hospital animando a segui-la lactancia natural exclusiva ata os 6 meses, tal como recomenda Unicef e a OMS. Ademais tamén se instalou unha mesa informativa e se obsequiou a tódalas nais ingresadas cunha rosa branca, un calendario de fomento da lactancia materna e un libro.

    Redacción Salnés