![]()
ILLA> As mariscadoras aseguran que os prezos roldan mínimos históricos, e a causa podería estar na entrada de marisco de fora.
{flowplayer}images/salnes/PrezosAmeixaIlla.flv{/flowplayer}
As esperanzas das mariscadoras da Illa de Arousa comezan a virse abaixo. Despois de meses agardando pola que é a mellor campaña do ano, a caída nos prezos da ameixa ameaza con botar por terra as súas expectativas.
Son case 300 mariscadoras de a pé, ás que se suman os mariscadores de a flote que duplican de longo o número. Un sector que tradicionalmente traballa este mes para aguantar os meses de comezo do ano.
Costa arriba se fai continuar nesta profesión, despois dun ano moi difícil e sen o respiro que agardaban ter con estas datas.
E iso tendo en conta que a fina é a que aguanta mellor o prezo. ¿Os motivos? Segundo a presidenta, hai que buscalos en que desta especie non ven produto de fora.
Os mariscadores piden apoio á Consellería para evitar que se produzan fraudes no que respecta a procedencia do marisco, e confían en que nestes últimos días antes das festas os prezos repunten.
Redacción Salnés







