Medio Rural e Concello sentan as bases para revalorizar o monte pontevedrés

    protocolo_suarezcanal_lores_100_051006.jpgPONTEVEDRA > Medio Rural e o Concello de Pontevedra asinaron un protocolo de colaboración para recuperar as zonas queimadas.

    O concello de Pontevedra está considerado zona de alto risco, despois de que o pasado mes de agosto se queimasen 4.700 hectáreas das 12.000 que ten o municipio. Ademais víronse afectadas preto de cincocentas casas. O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, visitou este xoves oficialmente o concello onde asinou co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores un protocolo que senta as bases para futuras colaboracións, tanto técnica como economicamente.

    Evitar os lumes

    protocolo_suarezcanal_lores_200_051006.jpgPreténdese recuperar as zonas queimadas e artellar mecanismos que resolvan a relación dos núcleos rurais co monte para evitar problemas como os vividos en agosto con lumes preto das vivendas. Outro obxectivo é articular as bases dunha nova política forestal, para o aproveitamento multifuncional do monte, con distintas especies e madeiras de calidade e con traballos de silvicultura para aproveitamento da biomasa.

    Este é o primeiro protocolo destas características que asina a Consellería de Medio Rural cun concello galego. O luns manterá unha reunión con representantes da FEGAMP para artellar mecanismos similares de colaboración co resto de municipios afectados pola vaga de lumes.

    Redacción Salnés