![]()
SANXENXO > A oposición de Sanxenxo manifestouse sobre a especial situación do goberno local. A candidatura do actual alcalde …
… por Pontevedra provocou, ó ver do Psoe e o BNG, certa descoordinación no concello. Os socialistas piden que o alcalde se vaia xa mentres que os nacionalistas critican especialmente a actitude dos concelleiros populares.
Segundo o BNG de Sanxenxo, os edís do PP abandoaron completamente as súas funcións provocando unha situación esperpéntica no concello. Os nacionalistas recordan que tódolos concelleiros do PP local teñen soldo. No caso do de infraestructuras, Fernando Villaverde, supera os 2 mil 800 euros mensuais e hai dous meses que non aparece polo concello, polo que lle piden que devolva os 5 mil 600 euros que cobrou estes meses por nada.
Pola súa banda o Psoe local pediu hoxe a marcha de Telmo Martín. A súa voceira, Dulcinea Aguín, cre que o alcalde está máis interesado nos problemas de Pontevedra que nos de Sanxenxo polo que lle piden que marche e deixe a outros tentar soluciona-los problemas da vila. Problemas como a seguriade vial, as inundacións dos pabillóns de deportes, os problemas de vivenda, o desemprego ou o estancamento de proxectos anunciados hai anos a bombo e platillo, como o do centro de saúde de Vilalonga, e que seguen sen facerse.
Redacción Salnés









