VILANOVA > A Fundación Comarcal do Salnés aprobou na reunión celebrada o venres a creación da instalación da pasarela que unirá as zonas do Terrón co centro de Vilanova. Trátase, segundo o alcalde, dun importante paso…
…adiante na creación do complexo no que se pretende que estean o campo de fútbol e maila piscina da vila.
Vilanova verá realizado por fin o soño da unión do casco urbano coa zona do Terrón a través dunha pasarela de madeira financiada a partes iguales entre o concello e o plan PRODER DOUS DO SALNÉS. Ademais de Portos de Galicia e Costas o Concello tivo que solicitar permisos a cinco consellerías da Administración autonómica e a tres ministerios estatais. A valor das obras ascende a 511.000 euros.
Toda vez aprobada polo comité executivo do Proder xa só queda a súa execución que se prevé estea rematada para o vindeiro verán. Trátase do último paso previo á intención do concello de crear no Terrón o campo de fútbol e maila piscina municipal. Con esta obra cúmprese o que dende a alcaldía consideran un proxecto que xa vén de moito tempo atrás.
Redacción Salnés