VILAGARCIA> Vilagarcía renova o servizo de Vai Bike. A vila contará agora con 16 estacións, once máis que antes, e 79 bicicletas. O novo servizo xestionarase todo a través dunha aplicación para facilitar o rexistro e o uso dos vehículos.
O concello de Vilagarcía continúa dando pasos para converterse nunha referencia da mobilidade sostible. O goberno local presentou este venres o seu renovado servicio de aluguer de bicicletas, o Vai Bike. A vila volverá a poñer en marcha este programa con 11 estacións novas e cun total de 79 bicicletas.
Nesta nova posta en marcha do servizo, tanto a inscrición como o aluguer das bicicletas xestionarase a través dunha aplicación. A vila tamén lanza promocións para que a veciñanza se anote.
O sistema de Vai Bike é un servicio que complementa perfectamente co novo deseño que está tomando a vila coas súas ciclovías.
O servizo comezará o vindeiro un de abril, pero o goberno local xa ten en marcha a aplicación e as ofertas para que a xente se sume. O programa está financiado cos fondos Edusi, co que as estacións só se atopan no núcleo urbano. O obxectivo do concello é ampliar o servizo ás parroquias para que toda a veciñanza poida chegar en bicicleta ao centro de Vilagarcía.