O goberno central destinará máis de 8 millóns de euros para o impulso do turismo no Salnés

O GROVE> A Deputación de Pontevedra formará parte dos grupos de traballo para a posta en marcha da nova Plataforma de Destinos Turísticos Intelixentes. Trátase dun proxecto que busca establecer unha comunicación en tempo real entre os destinos e os viaxeiros para mellorar a súa experiencia. Avanzárono onte, durante a visita do Secretario de Estado de Turismo ao Grove, co gallo do Día Mundial do Turismo. Alí anunciou máis de oito millóns de investimentos na comarca a través dos fondos Next Generation.

Xira polas Rías Baixas do Secretario de Estado de Turismo, coincidindo co Día Mundial do Turismo. Tralo seu paso por Baiona, achegouse tamén ata o Concello do Grove. Alí mantivo unha reunión con representantes da Mancomunidade do Salnés, coa súa presidenta á cabeza. Anunciou un investimento na comarca de máis de 8 millóns de euros dos fondos Next Generation.

A presidenta da Mancomunidade, que lembrou o peso do Salnés como polo turístico de Galicia, indicou que estes fondos aproveitaranse á recuperación do patrimonio, o estímulo do comercio e á dixitalización do sector turístico.

A recepción no Grove produciuse horas antes do arranque da Festa do Marisco. O municipio mantense como un dos grandes referentes en materia turística non só no verán: este evento gastronómico atrae a milleiros de persoas á vila fóra da tempada alta.

Ademais, durante a visita, o Secretario de Estado de Turismo vanzou tamén que a Deputación de Pontevedra fai formar parte dos grupos de traballo para a posta en marcha da nova Plataforma de Destinos Turísticos Intelixentes. Un proxecto, que rolda os 130 millóns de euros, tamén de fondos europeos. Busca establecer unha comunicación en tempo real entre os destinos e os viaxeiros para mellorar a súa experiencia.

E engade Silva, a participación da Deputación neste proxecto vai na liña da folla de ruta marcada no organismo provincial dende hai anos, coa vista posta no turismo intelixente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí