VILAGARCIA> Vilagarcía avanza nos traballos de retira da cruz franquista de Santa Baia. Con esta intervención, o concello e a deputación darán resposta a unha demanda histórica para cumprir coa lei de memoria histórica. Os traballos terán unha duración de preto de 20 días.
Despois de décadas de reclamacións, o concello de Vilagarcía cumprirá coa lei de memoria histórica. A restauradora Iria López e o seu equipo comezaron co traballo de retirada da cruz franquista e de restauración da fachada da igrexa de Santa Baia.
Os traballos comezaron realizando unhas catas para comprobar como estaba cravada a cruz na fachada.
O seguinte paso agora é retirar as placas para despois restaurar a fachada e que quede como o outro lateral da igrexa.
Ao tratarse dun ben patrimonial, a dificultade dos traballos reside na precisión milimétrica en cada intervención.
O proxecto inclúe tamén a dixitalización e documentación dos nomes dos caídos recollidos no monumento. A restauración conta cun orzamento de más de 10 mil euros financiados pola deputación de Pontevedra e o concello.