O Río Lérez sofre o segundo vertido de gasoil en menos dunha semana

    vertidoriolerez_100_101006.jpgPONTEVEDRA  > O Río Lérez amencía en Pontevedra cun forte cheiro a gasoil. Unha gran mancha de combustible se podía ver, e sobre todo cheirar.

    A Consellería de Medio Ambiente investiga a orixe da foco contaminante e imporá as multas pertinentes ós culpables. Unha vez máis, a campaña ‘Puro Lérez’ vese empañada por un novo vertido. 

    vertidoriolerez_200_101006.jpgEste era o aspecto que presentaba o Río Lérez en Pontevedra, a segunda vez en menos dunha semana que o seu cauce pon en entredito o de ‘Puro Lérez’. O vertido era visible dende as diferentes pontes que cruzan o cauce, pero os viandantes queixábanse sobre todo do intenso cheiro a gasoil, que facía case insoportable permanecer durante moito tempo nas inmediación do Río.

    O persoal da gardería fluvial achegouse ata o lugar para tomar mostras do vertido e Augas de Galicia analizará a súa composición e procedencia. Precisamente estes días estanse a levar a cabo dúas actuacións no Lérez relativas á rede de saneamento para evitar este tipo de vertidos contaminantes.

    Redacción Salnés