O concello de Cambados continúa desenvolvendo actividades para pequenos e maiores durante o outono

    CAMBADOS > Nos meses de outubro e novembro os rapaces poderá asistir a obradoiros de consumo e de democracia. Os máis maiores terán cursiños de Ioga, Informática ou Risoterapia.

    Os obradoiros de consumo desenvolveranse a partir das cinco da tarde no Centro cultural da Merced e nas diferentes parroquias cambadesas. Deste xeito os rapaces aprenderan a xogar sen xoguetes, ós enganos da publicidade, a seguridade infantil e os productos perigosos, a alimentación saudable e a cociña fácil. Paralelamente desenvolverase o proxecto “Pleno Infantil Municipal” que ten como obxectivo potenciar actitudes de participación democráticas e as solucións dialogadas dos problemas. Deste xeito desenvolveranse actividades previas nas distintas instalacións dos centros culturais do concell. O remate do obradoiro será un pleno no concello dirixido polo alcalde e o secretario. Os mais maiores contaran con cursiños de informática, galego, e contadores de historias no Centro Cultural da Merced.

    Redacción Salnés