AAVV de Bamio devolverá ó Concello as chaves da Casa de Cultura

    vecios_bamio_100_101006.jpgVILAGARCÍA > A AAVV de Bamio entregará ó Concello ás chaves da Casa de Cultura en protesta polo seu desahucio da biblioteca.

    … O sábado celebrarán unha reunión extraordinaria á que convidaron ó grupo de goberno e ós distintos grupos da oposición. Será no módulo de Bamio, no Campo da Festa de San Xoan ás 20.00 horas.

    robertoaraujo_edilcultura_200_101006.jpgO edil de Cultura de Vilagarcía, Roberto Araújo, continúa no punto de mira dos diversos colectivos que utilizan a casa de cultura de Bamio. O último capítulo deste conflicto vén arrastrado desde o pasado mes de setembro, cando o Concello mandou retirar a documentación da Asociación de Veciños da biblioteca. O colectivo avisa que entregará ó Concello as chaves e que esixirá unha persoa para atender o local.

    A Asociación de Veciños de Bamio quere expresar así o seu malestar polo desahucio que sufriron o pasado 22 de setembro da biblioteca da Casa de Cultura. Lembran que levan máis de 30 anos usando este espazo para as súas reunións e que sen previo aviso lles sacaron a caixaforte e a súa documentación.

    ococaixafortebibliotecabamio_200_101006.jpgNese lugar colocaron estas cadeiras.

    documentacinveciosbamio_200_101006.jpgA caixaforte está agora no hall da Casa de Cultura, e a documentación e libros nun cuarto que tiveron que habilitar como despacho. A explicación que lles deu o concello foi que se estaba usando o material da biblioteca sen ningún tipo de control.

    ‘Esto é mentira’, apúrase en sinalar Diego Bouzada, secretario da Asociación de Veciños San Xinés de Bamio, e explica que si se entraba na biblioteca pero non se usou internet. Engade que si viron xente utilizando os ordenadores da biblioteca e apunta a persoal do concello, polo que pide que se investigue. 

    Bouzada explicou que a Casa de Cultura é usada a diario por diversos colectivos da parroquia, para cursos, clases de ximnasia ou reunións. Só teñen chave do local a asociación de veciños e as Mulleres Rurais. O resto teñan copia grazas ó colectivo veciñal pero quedarán sen ela ó entregarllas ó Concello. Rosario Lorenzo, do Grupo de Ximnasia indica que entende a decisión da Asociación de Veciños de reclamar unha persoa para facerse cargo da Casa de Cultura pero di que preferiría seguir dependendo do colectivo veciñal como agora. 

    baocasaculturabamio_200_101006.jpgOs colectivos levan anos reclamando melloras nesta casa de cultura: calefacción, conexión á rede de auga, maior potencia eléctrica, máis mobiliario, arranxo das persianas e da perda de auga nas cisternas do baño. Pero a limpeza é o principal cabalo de batalla. O servizo préstase agora unha hora á semana, insuficiente segundo os colectivos. Ademais, algúns, como as Mulleres Rurais ou o Grupo de Ximnasia teñen que limpar as instalacións eles mesmos. Quíxanse porque non teñen tampouco mobles para almacenar os productos de limpeza e que os baños levan meses sen limpar.

    O presidente da Comunidade de Montes de Bamio, Manuel Veloso, expresa o sentir do conxunto de colectivos que utilizan a casa de cultura desta parroquia. Síntense discriminados con respecto a outros puntos do concello e poñen como exemplo a Casa de Cultura da Torre, onde dispoñen de calefacción, mobiliario e incluso auditorio, detalles que en Bamio non dan conseguido, despois de reclamalo en varias ocasións ó Concello e respondéndolles este que non dispoñen de partida económica para este centro.

    Redacción Salnés