VILAGARCIA> Negocios da rúa Arcebispo Lago de Vilagarcía mostran o seu malestar polo traslado do mercado a súa zona. Algún dos comerciantes e hostaleiros denuncian que a convivencia co mercado ambulante traerá problemas como a falta de accesibilidade aos seus negocios para clientes e repartidores. Piden que os ambulantes volven a súa antiga localización no castro.
Este martes o mercado ambulante de Vilagarcía trasladarase á rúa Arcebispo Lago, recentemente humanizada. Un traslado que non gusta a algúns negocios da zona.
Os hostaleiros e comerciantes da zona, tamén advirten que a convivencia co mercado impedirá a entrada de vehículos aos garaxes e o acceso dos seus repartidores.
Tamén lamentan que ninguén do concello se puxese en contacto con eles para falar do traslado.
A pesar de que o mercado vai a levar máis xente á zona, os hostaleiros e comerciantes molestes creen que causará máis molestias que beneficios.
A súa petición é que o mercado volva a súa antiga localización no Castro.
Estas queixas veñen antes de que o mercado se instale en Arcebispo Lago. Haberá que agardar ata este martes para comprobar se o traslado causa molestias aos comerciantes e hostaleiros ou, se polo contrario, axuda a potenciar a zona.