As traballadoras de Alfageme inician un peche indefinido

    RIBADUMIA> Permanecerán pechadas na fábrica de Ribadumia ata que o Igape se decida por unha das tres ofertas.

    {flowplayer}images/salnes/PecheFabricaRibadumia_121112.flv{/flowplayer} 

    Tres anos despois o conflicto continúa sen resolverse. As mesmas traballadoras que se pecharon por aquel entón, continúan sen os seus postos de traballo e coa incertidume de non saber si os poderán recuperar algún día.

    Son 50 as mulleres que se concentraron na fábrica de Ribadumia e que non abandonarán ata que a Xunta non resolva o conflicto elexindo unha das tres ofertas presentadas ó concurso.

    Por outra banda, os administradores concursais xa fixaron a data para a subasta da marca, que será o 18 de decembro. Durante esta semana será fixado o día para facer o propio coas naves de Ribadumia e Vilaxoán.

    Pese a que as traballadoras manteñen as forzas para seguir loitando e protestando, ven que o actual goberno da Xunta escúdase na mala xestión do anterior bipartito para non resolver o problema.

    Esta será a última acción levada a cabo polas traballadoras. Non se prevén outras mobilizacións durante os vindeiros días. Chegarán ata o final con este peche.

    Redacción Salnés