Máis de 400 vivendas de Sanxenxo quedan estancadas pola crise de Martinsa-Fadesa

    SANXENXO > No alto de Miraflores, en Sanxenxo, atópase unha das urbanizacións que a promotora coruñesa, Martinsa-Fadesa, tiña proxectado levar a cabo antes …

    … do concurso voluntario de acredores que solicitou esta semana. A obra, Casas de Maralta, ía estar dotada dunhas 170 vivendas unifamiliares e 300 edificacións colectivas, e segundo parece, polo menos unhas 60 persoas xa adquiriron sobre plano as que ían a ser as súas propiedades. Agora forman parte das máis de 12.500 vivendas prevendidas pola inmobiliaria, cuxo futuro está agora no aire. Unha situación que tamén vai supoñer importantes perdas para os concellos onde tiñan comprometidas as urbanizacións. En concreto, en Sanxenxo, son máis de 400 novas vivendas as que están agora en suspenso.

     Dende Martinsa-Fadesa aseguraron hoxe que, a pesar da suspensión de pagos na que se atopa sumida a compañía, van manter os seus compromisos cos seus clientes, e de que no caso de que non se entreguen finalmente as vivendas, contan cos avais bancarios para devolvérllelos cartos ós inversores. Así e todo os compradores deben saber que a lei obriga á promotora a devolverlles os anticipos e mais un 6 por cento dos intereses.

    Redacción Salnés