Vicepresidencia ameaza con pecha-la gardería de Cambados o luns

    garderia_cambados_100_031006.jpgCAMBADOS > A vindeira semana a gardería de Cambados podería pechar un aula. Onte rematou o prazo dado por…

    … Vicepresidencia para que o Concello fixera unha modificación substancial que permitise autoriza-lo quinto módulo, algo que o concello non fará ó considerar que a gardería está autorizada como centro e, como centro, consta de 5 módulos. Segundo o secretario xeral de Relación Institucionais, Antón Losada, Vicepresidencia esperará ata o luns para ver se recibe a documentación. En caso de non ser así, continuará co expediente aberto á gardería de Cambados.

    Deste xeito ordeará o cese de actividade da unidade ilegal e enviará a un inspector para comprobar que, efectivamente, se pechou a aula, e abrirá un novo prazo para que o concello regule a situación e poida volver a abrirse a unidade. Algo que o rexedor ve difícil posto que ninguén sabe a que unidade se refire a Xunta.

    Ademais Tourís aseguroulle a Tele Salnés Barbanza que non fará a modificación susbtancial pedida por Losada, xa que o erro detectado é correxible e é Vicepresidencia quen debe facelo.

    Redacción Salnés