![]()
VILAGARCIA> O longo de toda esta semana a solidariedade estará presente en moitos dos establecementos integrados na Asociación Zona Aberta…
{flowplayer}images/salnes/semana_solidaria_bata.flv{/flowplayer}
… de Vilagarcía e nos locais hostaleiros englobados en AHITUVI; en total uns 230 locais. Desde hoxe e ata o domingo recadarán fondos con petos dispostos ex profeso para as Asociación BATA e Por Dereito, dedicadas de cheo á procura do benestar dos pacientes de autismo e dos seus familiares, respectivamente.
Os cartos recadados serán empregados en financiar a unidade de apoio Ambulatorio de BATA para paliar a falta de subvencións dos distintos organismos públicos.
Co resultado da solidariedade dos vilagarciáns durante estes días seguirase desenvolvendo un programa de integración destas persoas no mercado laboral, no sector educativo e tamén na sociedade sufragando pisos nos que traballarán a súa autonomía. Unha gran labor social que ca colaboración de todos pode seguir sendo posible.
Redacción Salnés









