![]()
CAMBADOS > Vicepresidencia rematou o prazo para que o Concello fixera unha modificación substancial que permitise autoriza-lo quinto módulo, algo que o concello non fará ó considerar que a gardería está autorizada como centro e, como centro, consta de 5 módulos.
Segundo o secretario xeral de Relación Institucionais, Antón Losada, Vicepresidencia esperará para ver se recibe a documentación. En caso de non ser así, continuará co expediente aberto á gardería de Cambados. Deste xeito ordeará o cese de actividade da unidade ilegal e enviará a un inspector para comprobar que, efectivamente, se pechou a aula, e abrirá un novo prazo para que o concello regule a situación e poida volver a abrirse a unidade. Algo que o rexedor ve difícil posto que ninguén sabe a que unidade se refire a Xunta. Pero ademais o alcalde cambadés dubidou onte da palabra de Losada.
Redacción Salnés









