Wyygga, a nova rapeira de Vilagarcía defensora do rap tradicional

VILAGARCIA> O Rap continúa estando moi presente en Vilagarcía. Na vila emerxe a figura dunha nova rapeira que defende o estilo tradicional fronte a novas correntes como o trap. De nome artístico Wyygga, esta vilagarciá presenta o seu segundo traballo, Plomo y Oro.

Plomo e oro é o novo traballo de Wyygga. Unha rapeira de Vilagarcía que comezou a cantar hai 2 anos pero que leva toda unha vida dedicada ao rap. Nesta nova cancións, a artista fala das súas inquedanzas e penas e de como se enfronta aos problemas para superalos. Tatuadora de profesión, a música é o seu medio de desafogo.

As situacións diarias, as historias reais da xente, son o que inspira a Wyygga á hora de escribir as súas cancións.

Con referentes como o granadino Fernando Costa pero sobre todo artistas estadounidenses como Public enemy, Dilated Peoples ou Psyco Realm, a rapeira vilagarciá defende o rap tradicional fronte os novos estilos.

Nun estilo musical no que predominan os homes. Wyygga non tivo ningunha experiencia negativa por ser muller. Lamenta que non haxa máis mulleres e asegura que ao ser poucas destacan máis.

Ante as boas críticas recibidas polos seus temas e concertos, a rapeira xa traballa no seu primeiro disco.

A música e as letras non só o único no que destaca esta rapeira. Wyygga enfoca os seus videoclips para que sexan o reflexo das súas cancións. Arte en cada traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí