![]()
RIBEIRA > Costas iniciou un expediente de sanción contra os responsables da construción dun muro ilegal na praia dos Mosqueiros.
Os feitos remóntanse ó pasado mes de setembro cando dende a Asociación A Batiola puxeron esta situación en coñecemento das autoridades ante o temor de que a ocupación se estivese realizando de xeito totalmente ilegal. Na súa resposta tanto axentes da Policía Local de Ribeira como vixilantes da propia Demarcación de Costas acudiron ó lugar das obras para solicitarlle á empresa construtora a correspondente licenza da que ó parecer carecía. Por esta razón, hai aproximadamente varias semanas o alcalde ribeirés, Xosé Luis Torres Colomer, ordeou a paralización dos traballos.
A
gora Costas no seu informe sinala que queda constatado que se levantou unha muralla de granito ó pé do areal e que se habilitou unha rampa de acceso para maquinaria, así como que de forma periódica circularon vehículos pola praia nunha zona de dominio público marítimo-terrestre e de servidume de tránsito e de protección. Por esta razón Costas insta ós autores da infracción ó pago dunha multa de 13.830 euros, e á restitución do terreo ó seu estado natural primitivo nun prazo de quince días.
Este prazo será tamén o que teñan os promotores da dita actuación para presenta-las alegacións que consideren oportunas a esta decisión. Os residentes na parroquia, colleron con gran satisfacción a nova agardando que Costas, e outros posibles organismos competentes, actúen eficazmente para restitui-la legalidade e o estado natural do terreo antes das actuacións feitas, presuntamente, sen ningún tipo de autorización.
Redacción Barbanza









