Política Territorial mellorará a seguridade da estrada AC-305 ó seu paso pola Pobra

    visitaparga_100_161006.jpgPOBRA > Política Territorial acometerá a mellora da estrada AC-305 ó seu paso pola Pobra co obxectivo de incrementa-la seguridade na travesía.

    O proxecto, que se atopa en fase de supervisión, contempla unha actuación no vial AC-305, no tramo comprendido entre o Río Lérez e o alto do Campiño. A intención, tanto por parte da Xunta de Galicia como do executivo municipal, é incrementar a seguridade desta vía e reduci-los puntos máis conflitivos onde é se soen concentrar os accidentes. Por este motivo, instalaranse varias glorietas, unha dela na zona dos xardíns actualmente regulada por semáforos e habilitarase unha doble vía de circulación con carrís máis anchos e aparcadoiros a ámbolos dous lados.

    A reordenación do tráfico contribuirá a facilitar a conducción ó longo dos máis de catro quilómetros nos que se acometerán as melloras.estradapobra_200_161006.jpg

    Polo momento aínda non existe unha data para o comezo das obras aínda que a intención das administracións local e autonómica é inicialas canto antes. Unha vez rematado o proxecto realizaranse os trámites para a adquisición de terreos e a expropiación. Neste sentido, o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, explicou que a maior parte dos terreos afectados son de titularidade municipal polo que a actuación non afectará a ningunha vivenda habitada, soamente a vellos inmobles en ruínas.

    Unha vez dean comezo os traballos, a súa execución levarase a cabo nun prazo máximo de dezaoito meses.

    Redacción Barbanza