Preséntase con éxito ‘Miniaturas de Eugenio Granel. Musica revelada’

    presentacionlibrogranell.jpgSANTIAGO> O traballo, patrocinado pola consellería de Cultura, dá a coñecer a faceta musical do pintor surrealista galego.

    {flowplayer}barbanza/presentacionlibrogranell.flv{/flowplayer}

    Durante o acto, desenvolvido na sede santiaguesa da Fundación Granell, o conselleiro resaltou as características especiais desta obra que constitúe unha especie de banda sonora da tradición popular galega. Segundo indicou na súa intervención, trátase do primeiro estudo da relación coa música do pintor e escritor surrealista.

    Figura senlleira

    No acto tamén participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que se referiu á importancia de Eugenio Granell, un dos autores galegos que maior impronta deixou no panorama internacional.

    Outras autoridades

    Tamén tomaron parte no acto o representante de aCentral Folque. Centro Galego de Música Popular e director artístico do proxecto, Ramom Pinheiro; o edil de Participación Cidadá de Santiago e membro do Padroado da Fundación Eugenio Granell, Francisco Noya e Eduardo López Valiña, estes último en representación da Fundación Eugenio Granell.

    Recreación musical

    Durante o acto tamén se desenvolveu unha recreación musical. Un pequeno anticipo do concerto que terá lugar o vindeiro domingo no auditorio do Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura baseado precisamente no traballo de investigación e de recreación musical realizado por aCentral Folque a partir de duascentas anotacións musicais do artista, patrocinado pola Secretaría Xeral de Cultura, que achega os sons de Granell a través do estudo de Sonsoles Hernández Barbosa sobre a súa dimensión musical, dun libro no que Benxamín Otero transcribe as partituras do artista e dun disco no que o pianista cubano Alejandro Vargas fai unha lectura destas composicións en clave de jazz, xunto cun grupo de músicos de primeira orde. A realización do concerto coincide co último día que estará aberta a mostra O encontro na poética de Eugenio Granell, que se exhibe na Cidade da Cultura desde o pasado 19 de xuño e forma parte dos actos de homenaxe nos que participou a Consellería con motivo da celebración do centenario do nacemento deste autor e que incluiron tamén a descuberta dunha placa na casa na que viviu o artista en Santiago.

    Redacción Barbanza