Miles de galegos recibirán a vacina antigripal ata o 30 de novembro

    cartelgripe_100_161006.jpgGALICIA > Sanidade iniciou a súa campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica en toda Galicia.

    Esta campaña está especialmente dirixida ás persoas maiores de sesenta e cinco anos e ós pertencentes ós chamados grupos de risco como son os pacientes con enfermidades crónicas, as persoas que residen en institucións pechadas, os nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de aspirina, as mulleres embarazadas ou o persoal sanitario. Mentres, a vacina antipneumocócica ofertaráselle ás persoas maiores de 65 anos que aínda non foron vacinados contra esta bacteria.

    Os obxectivos básicos da campaña consisten en evitar o padecemento destas dúas enfermidades ou minimizar a gravidade das súas complicacións reducindo en moitos casos a hospitalización e memos as mortes que poden ocasionar. A efectividade da vacina antigripal sitúase entre un 30 e un 80 por cento mentres que a antipneumocócica abrangue entre o 56 e o 80 por cento de efectividade.vacinaciongripe_200_161006.jpg

    Sanidade habilitou máis de mil puntos onde se administrará a vacina durante o mes e medio que dura a campaña. As persoas que desexan vacinarse deben acudir ó médico de cabeceira no centro de saúde habitual e el achegaralles toda a información relativa a esta medida de prevención. Tamén se habilitarán puntos de vacinación nas residencias e centros para a terceira idade, centros de atención a discapacitados, unidades asistenciais de drogodependencias, centros penitenciarios ou hospitais e consultas privadas.

    Na campaña do pasado ano, administráronse preto de cincocentas sesenta mil doses. Neste ano, a Xunta de Galicia xa adquiriu un total de seiscentas oitenta mil doses de vacinas fronte á gripe e trinta mil de antineumocócica polo que se agarda acadar e mesmo superar as cifras da anterior campaña.

    A pesar das reiteradas recomendacións realizadas dende a Consellería de Sanidade, entre os pacientes existe diversidade de opinións. Algúns vén nesta vacina a mellor maneira de sobrelevar os males do inverno, mentres outros, os máis afortunados, gozan dunha saúde de ferro durante todo o ano.

    Redacción Barbanza