BOIRO > O concello de Boiro ten prevista a construción dunha nova depuradora a curto ou medio prazo para dar servizo á rede de sumidorios de todo o municipio.
A actuación vén motivada polas deficiencias que presenta a actual estación ubicada en Cabo de Cruz con problemas nos pozos de bombeo que provocan frecuentes emisións contaminantes.
O alcalde de Boiro, Xosé Deira, xa lle plantexou á Xunta de Galicia a necesidade de construír unha nova depuradora en Boiro así como acomete-la mellora da actual estación de bombeo existente en Cabo de Cruz. Na actualidade, esta depuradora é suficiente para dar servizo a todo o municipio pero o seu funcionamento presenta moitos problemas na impulsión das augas residuais dende os pozos de. Estas deficiencias provocan vertidos frecuentes en Barraña, Escarabote e Cabo de Cruz.
A intención do concello é que a Xunta de Galicia asuma parte da financiación, aínda que, de non ser así, o executivo ten previsto acomete-la actuación igualmente posto que é preciso rematar definitivamente coas emisións de augas residuais. Polo momento, os responsables do executivo municipal non teñen previsa unha data para a execución deste proxecto pero consideran que se debe acometer nun breve prazo de tempo.
Redacción Barbanza