INUNDACIÓNS > Da vaga de lumes que asolou Galicia este verán comezan a emerxer as consecuencias. As fortes chuvias na comunidade deixaron un rastro de lodo e numerosas desfeitas en múltiples concellos das provincias da Coruña e Pontevedra. Poio, Meis, Cee ou Padrón foron só algúns dos concellos prexudicados. A mestura da auga coa cinza e a falla de árbores que a absorberan, provocou unha situación na que dominou o caos.
![]() |
Moitas plantacións quedaron asolagadas. |
Precisouse a axuda de medios mecánicos para retirar os restos das praias. | ![]() |
![]() |
Os escombros acumulábanse nas inmediacións dos domicilios. |
As mariscadoras tiveron que baixar ás praias a limpar a cinza dos incendios do verán que a auga arrastrou ata o mar. | ![]() |
![]() |
A limpeza da cinza nas praias deixou estampas que lembraban ás que deixou o Prestige fai catro anos. |
Os niveis de auga e lodo chegaron ata máis da metade de moitas portas. | ![]() |
![]() |
A forza da auga fixo un burato na parede dunha fábrica en Poio. |
Os desprendementos de pedras fixeron cortar o tráfico nalgunhas estradas e camiños. | ![]() |
![]() |
Garaxes e baixos foron pasto do lodo. |
A grúa tivo que intervir sacando escombro das rúas. | ![]() |
![]() |
O crecemento da auga solapou a area dalgunhas praias. |
Da forza do vento e a auga non se salvaron tampouco os valos. | ![]() |
Redacción Salnés | |