RIBEIRA> Coa venda de electrodomésticos paralizada, os negocios dedicados a este sector viven unicamente da reparación de avarías urxentes. É o caso de Electrodomésticos Sampedro, en Ribeira, que dende a declaración do estado de alarma afronta unha redución de ingresos próxima ó oitenta por cento.
A porta pechada e unicamente para a reparación de avarías urxentes. Así traballan en electrodomésticos sampedro en Ribeira dende que se decretara o estado de alarma. A empresa viuse obrigada a acollerse a un ERTE e tan só permanece o persoal necesario para garantir os servizos mínimos.
Entre as principais necesidades que atenden estes días destacan as avarías en instalacións básicas e electrodomésticos de primeira necesidade. Así as cousas as perspectivas de futuro non son moi alentadoras e consideran que o comercio tardará tempo en recuperarse.
Unha economía, a local,que precisará da implicación cidadá para reflotar e volver encher de vida as rúas agora baleiras.