A pobrense Ana María Boullón ingresa na Real Academia Galega

A POBRA> A filóloga Ana María Boullón vén de ingresar na Real Academia Galega. Tomou posesión da súa cadeira nun acto celebrado na súa Pobra natal no que quixo render homenaxe á onomástica e á toponimia da súa terra.

Unha nova voz feminina incorpórase a Real Academia Galega: a da filóloga e escritora pobrense Ana María Boullón. O acto de ingreso tivo lugar na súa vila nata, a Pobra do Caramiñal, moi presente no seu discurso que versou sobre a onomástica e a toponimia cmo creadores da identidade.

Boullón ocupa a cadeira que deixou vacante Xosé Luís Franco Grande, falecido o pasado ano. A escritora tivo palabras de eloxio para o seu antecesor non só como poeta senón como investigador no campo da lexicografía.

A resposta ó discurso de ingreso correu a cargo de Ramón Lorenzo quen destacou a cada vez maior presenza das mulleres na Academia que segue a avanzar no proceso de igualdade entre os seus membros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí