A Misión Biolóxica de Galicia investiga unha xudía que se come como aperitivo

    xudiapop031106.jpgPONTEVEDRA > A Misión Biolóxica de Galicia leva investigando dende hai anos unha nova variedade que se come como un froito seco

    A variedade coñecese como nuña. Todo parece indicar que provén da zona dos Andes. Alí, antes de que se inventaran os pratos, os indíxenas consumían o gran desta xudía,  tostada como un aporte proteico. A misión biolóxica de Galicia leva investigando dende hai anos as características desta variedade e a posibilidade de obtela adaptada as características medioambientais de Galicia.

    O gran desta xudia posiblemente a poidamos comer dentro duns anos como aperitivo ou acompañante de refrescos, viños ou cervexas.

    Redacción Salnés